Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por rexeitar o seu destinatario a repartición (expediente IU2/148/2009).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de decembro de 2012, unha resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/148/2009 a Beatriz Suárez Briones como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 29 de outubro de 2010, que ordenaba a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa parcialmente soterrada cunha superficie aproximada de 100 m2, promovidas pola interesada na parcela con referencia catastral 36004A052001090000QL, no lugar de Sabarigo-Amieiro, parroquia de Cela, no termo municipal de Baiona, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta. Con todo, a notificación enténdese producida desde a data do rexeitamento na repartición realizada polo servizo de Correos, consonte o artigo 59.4 da LRXPAC.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística