Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 237/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS (20 kV) CT (400 kVA) en rúa San Lázaro.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,122 km, coa orixe en empalmes que se realizarán na LMTS SCY-803 entre os CT rúa da Muíña (expediente IN407A 2009/541) e CT Salvador García, 3 (expediente IN407A 2004/12) en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na mesma liña unha vez entre e saía no CT proxectado.

Centro de transformación (CT) non prefabricado, de manobra exterior 2L+1P que se situará en planta baixa de edificio, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña