Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/317-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Vigen de la Luz, nº 3, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT e centro de manobra augas.

Situación: Mondariz.

Descricións técnicas: centro de manobra (CM) en caseta prefabricada con catro celas de liña compactas que seccionará as catro saídas en MT:

– Acometida LMT Fuente del Val, plástico, 30 metros subterráneos con RHZ-1 e 19 aéreos con LA-56.

– Acometida a acometida LMT Fuente del Val, vidro, 30 metros subterráneos con RHZ1 e 82 aéreos con LA-56.

– Derivación CM augas, subterránea, 260 metros con RHZ1, desde o apoio nº 4ES00073 da LMT principal nº 1 Queidores-O Ceo á cela do CM augas.

– LMT subterránea subderivación CM augas-CT Sevilla, 122 con RHZ1.

A instalación está situada no Val, Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra