Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a Resolución do 27 de decembro de 2012 ditada pola conselleira de Sanidade en relación co expediente sancionador 2012008TA-PO, incoado por infracción en materia de tabaco.

O 27 de decembro de 2012, a conselleira de Sanidade ditou resolución pola que acordou inadmitir a trámite o recurso de súplica interposto por Rajib Ahmed contra a resolución recaída o 2 de outubro de 2012 pola que se inadmitía, por extemporáneo, o recurso de alzada interposto contra a resolución sancionadora recaída no expediente sancionador 2012008TA-PO, incoado por infracción en materia de tabaco.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao amparo do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rajib Ahmed o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: 2012008TA-PO.

Denunciado: Rajib Ahmed, con DNI X7823833S, titular do establecemento Doner Kebap.

Último enderezo coñecido: rúa A Garda, núm. 8, baixo, 36940 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: infracción consistente en permitir fumar nos lugares en que existe prohibición de facelo.

Tipificación: infracción grave, de acordo co artigo 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, da submi-nistración, do consumo e da publicidade dos produtos do tabaco, modificada polo Real decreto lei 2/2006, do 10 de febreiro, e pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).

Contido da resolución: inadmisión do recurso de súplica interposto por Rajib Ahmed.