Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3903

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013 pola que se crean e regulan os ficheiros de datos de carácter persoal denominados Xestión de actividades culturais e Xestión da tarxeta universitaria.

A disposición adicional segunda.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD mediante a Resolución do 24 de xuño de 2002 e resolucións posteriores.

A USC organiza seminarios, cursos, congresos e reunións científicas e participa en proxectos e actividades culturais, realizando nalgúns casos tarefas de difusión e divulgación que poden conter xestión de datos de carácter persoal.

Así mesmo, a importancia que está a cobrar a tarxeta universitaria da USC (TUI), que non é só un instrumento propio de identificación senón que serve de medio para o acceso a determinados servizos que presta a Universidade de Santiago de Compostela, así como para o acceso a determinadas infraestruturas, fan aconsellable crear unha base de datos específica para unha xestión diferenciada respectos doutros ficheiros xa creados con anterioridade.

Para estes efectos é necesario crear novos ficheiros de protección de datos de carácter persoal que abrangan actividades de xestión e actividades científicas e culturais que impliquen o tratamento de datos persoais.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro. Créanse os ficheiros de Xestión de actividades culturais e de Xestión da tarxeta universitaria. A súa descrición contense no anexo desta resolución, onde se indica o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo. Os ficheiros que se indican nos anexos rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro. A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3 da LOPD.

Cuarto. Os ficheiros teñen finalidade científica ou de xestión e, ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Ficheiro nº 30 [Xestión de actividades culturais]

a) Identificación do ficheiro: Xestión de actividades culturais.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Universidade de Santiago de Compostela.

Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega.

Rúa Casas Reais, 8.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Universidade de Santiago de Compostela.

Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega.

Rúa Casas Reais, 8.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro: ficheiro de carácter mixto.

e) Medidas de seguridade: medidas de nivel básico.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

– Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo postal, correo electrónico, teléfono, fax, imaxe, voz etc.

– Outro tipo de datos: académicos e profesionais, biográficos, circunstancias sociais.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos: xestión dos congresos e reunións científicas, proxectos e actividades culturais, xestión de proxectos culturais: difusión e divulgación de actividades culturais a través de publicacións impresas, web, radio e televisión etc.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos: educación e cultura, fins históricos estatísticos ou científicos, publicacións.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos: cidadáns, residentes e representantes legais.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos: a propia persoa interesada ou o seu representante legal, outras persoas físicas, rexistros públicos, fontes accesibles ao público, entidade privada, administracións públicas.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais: non se prevén cesións.

Ficheiro nº 31 [Xestión da tarxeta universitaria]

a) Identificación do ficheiro: Xestión da tarxeta universitaria.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Universidade de Santiago de Compostela.

Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega.

Rúa Casas Reais, 8.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua. Universidade de Santiago de Compostela.

Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega.

Rúa Casas Reais, 8.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro: ficheiro de carácter mixto.

e) Medidas de seguridade: medidas de nivel básico.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

– Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF, enderezo postal, correo electrónico, teléfono, imaxe/voz, sinatura/pegada, sinatura electrónica, nº de rexistro persoal.

– Outro tipo de datos: características persoais, académicas e profesionais.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos: xestión da expedición, renovación, cancelación e atención de incidencias relacionadas coa tarxeta universitaria de identificación, que permite o acceso a servizos e dependencias universitarias.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos: prestación de servizos, seguridade e control de acceso a edificios, educación e cultura, recursos humanos.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos: estudantes, empregados, membros do Consello Social, provedores, colaboradores, persoal xubilado, membros da Asociación de Antigos Alumnos, usuarios de servizos e outros solicitantes da tarxeta TUI.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais: non se prevén cesións.