Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 217/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT rúa dos Anxos nº 11.

Situación: concello de Betanzos.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,106 km, con orixe e remate na LMTS BEG-704 no tramo entre o CT Castro de Unta (expediente 15665) e o CT Dona Águeda (expediente 52796), condutor tipo RHZ-2OL-240 mm² AL.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400.230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071-A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña