Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 2/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT praia do Raso.

Situación: concello de Ares.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,064 km, con orixe en empalmes que se realizarán na LMTS Urbanización-Fadesa Redes (expediente IN407A 2003/379) en tramo comprendido entre PAS existente e CT Urb. Fadesa-Redes (expediente IN407A 2003/379), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150) mm2 Al, e final no CT aéreo O Raso Camping (expediente 51711), que actualmente subministra a zona.

Centro de transformación (CT) prefabricado de manobra exterior 2L+1P, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15/0,400-0,230 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña