De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede notificar por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.
Acordo de trámite de audiencia previsto nos artigos 19 e 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. O trámite é por un período de 10 días.
A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, rúa dos Feáns 5 baixo, Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013
Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/102-0 ONGD nº 102.
Destinatario da notificación: Asociación Fisioterapeutas del Mundo. España (F.M.E.).
Último enderezo coñecido: avda. Campus A Xunqueira, E.U. Fisioterapia, 36005 Pontevedra.
Data dos actos de instrución: 10 de setembro de 2012.
Sentido da resolución: fase de instrución.