Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre instalación de oficina, almacén e acceso de vehículos para carga e descarga de empresa de limpeza (expediente 530/11).

Limpiezas San Froilán, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de oficina, almacén e acceso de vehículos para carga e descarga de empresa de limpeza, na rúa da Factoría, parcela 117, subparcela 7.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 25 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo