Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Petín

ANUNCIO de información pública sobre local destinado a exposición e venda de vehículos con edificio anexo destinado a taller de vehículos.

Javier Alejandre Rivera solicitou desta alcaldía licenza municipal para local destinado a exposición e venda de vehículos con edificio anexo destinado a taller de vehículos, sito na rúa Ponte, 80, desta localidade segundo proxecto redactado polo enxeñeiro técnico industrial José Antonio Rodríguez Aguiar.

En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, ábrese trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir da última publicación, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende exercer poidan alegar o que consideren oportuno.

O expediente pode consultarse en horas de oficina de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, na Secretaría do concello.

Petín, 10 de xaneiro de 2013

Miguel Bautista Carballo
Alcalde