Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de legalización de corte para ceba de xatos no lugar do Vilar-Vilaxuste (Portomarín).

Consuelo López Martínez solicitou nesta alcaldía licenza municipal para o proxecto de legalización de corte para ceba de xatos no lugar do Vilar, parroquia de Vilaxuste, Portomarín (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia) poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Portomarín, 29 de xaneiro de 2013

O alcalde