Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle de parcela na avenida de Fraga Iribarne.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 27 de decembro de 2012, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela situada na avda. de Fraga Iribarne, número 98, desta localidade, tramitado por instancia de Mercadona, S.A.

O que se fai público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e nun dos xornais de maior difusión da provincia, en virtude do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Betanzos, 14 de xaneiro de 2013

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente