Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a corrección de erros no anuncio de licitación para a contratación do servizo de manutención (almorzos e ceas) do persoal que deba cubrir as quendas nos PAC dos centros de saúde dependentes deste xerencia, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gastos (AB-EIP1-13-004).

Advertido erro na cláusula 5.3.2.i) (certificado de clasificación) do prego de cláusulas administrativas particulares (PCA), publicado no Diario Oficial de Galicia nº 247, con data do 28 de decembro de 2012, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na cláusula 5.3.2.i) do PCA, onde di: «De conformidade co estipulado no artigo 65.1 do TRLCSP, non será exixible. Non obstante a presentación da clasificación seguinte exime as empresas españolas, de acreditar as solvencias económica-financeira e técnica.», debe dicir: «De conformidade co estipulado no artigo 65.1 do TRLCSP, será requisito indispensable que o empresario estea debidamente clasificado.»

O novo prazo de 15 días naturais para a presentación de proposicións comezará o día seguinte ao da data da publicación desta corrección de erros no DOG.

As empresas que xa tivesen presentado unha proposición poderán ratificar esta, modificala ou retirala, dentro do novo prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2013

P.D. (Artigo 5 Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés