Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento dos aparellos elevadores dos centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento dos aparellos elevadores dos centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial, Hospital Montecelo, centros de saúde de Caldas de Reis e Baltar.

1) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2; Mourente, s/n, Montecelo; rúa Román López, s/n e Baltar-Portonovo.

2) Localidade e código postal: Pontevedra 36003, 36071, 36650 e 36970.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV(referencia de nomenclatura): 50750000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 492.397,80 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 211.784,00 euros. Importe total: 256.258,64 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 6.3.2013.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase a apertura dos sobres B e C, dando lectura ás propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, no Diario Oficial de Galicia é de 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña). Boletín Oficial del Estado: 11,297007 €/liña título e 12,552231 €/liña de texto (se é urxente, 26,13561 €/liña título e 29,039568 €/liña de texto).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 18.1.2013.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés