Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (490/2012).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 490/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Paz López contra a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse resolución cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lucía Paz López, que comparece asistida do letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben ao aboamento dunha indemnización a Lucía Paz López de 2.285,03 euros, máis en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascende 35,84 euros diarios, conforme o exposto no fundamento de dereito segundo.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mundo dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial