Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (22/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 22/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Galán Méndez contra a empresa Offset Valladares, S.L., tendo sido chamado o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza número 41/2013 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 11 de xaneiro de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 22/2011, sendo demandante Carlos Galán Méndez, representado pola letrada Sra. Pérez López, e demandada a empresa Offset Valladares, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

E decido: que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Carlos Galán Méndez contra a empresa Offset Valladares, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Carlos Galán Méndez a cantidade de 741,29 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 % respecto dos conceptos de carácter salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Offset Valladares, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial