Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 226/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CT estrada de Fisterra, 80.

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 KV, cunha lonxitude de 0,39 km, con orixe na LMTS VIM-803 ao CT Baio IV (expediente 52.459) unha vez que entre e saia do centro de transformación proxectado, con condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) AL.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña