Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Nigrán e Vigo (expediente IN407A 2013/3-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS GON 806 Priegue-Saiáns.

Situación: Nigrán e Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 425 metros de lonxitude, con orixe no tramo da LMTS GON 806, á altura do CD, Camiño da Costa (en Priegue, Nigrán) e final no tramo da LMTS GON 806 que vai cara ao CT A Cova (en Saiáns, Vigo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra