Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Xoves, 7 de febreiro de 2013 Páx. 3634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ares (expediente IN407A 219/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS avenida Redes (PS avenida de Redes).

Situación: concello de Ares.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 13 m, con orixe e final en empalmes proxectados na LMTS VDC-704 Cabanas, entre CT O Mazote e CT r/ Retiro, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, unha vez que entre e saia no centro de seccionamento (CS) proxectado por particular que se instalará no límite coa vía pública.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña