Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun establecemento dedicado a tanatorio neste concello.

José Antonio Cid Iglesias, que representa a Tanatorio As Burgas, S.L., solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a tanatorio no que está incluída unha incineradora na rúa C da zona comercial Barreiros, deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 21 de xaneiro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde