Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de información pública dunha nave para almacén de produtos de alimentación envasados.

Presentada neste Concello por Manzano Galicia, S.L., con CIF B323406565, representada por Eladio Rodríguez Cudeiro, con DNI 34936085-M, expediente número 309/08/17AC, de solicitude de licenza para construción de nave industrial para almacén de produtos de alimentación envasados, que se situará na parcela 24, polígono de actuación 2A, do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referido durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar na Secretaría deste Concello e de que formulen os interesados as alegacións que coiden oportunas.

O Pereiro de Aguiar, 14 de xaneiro de 2013

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde