Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da ampliación do prazo de presentación de alegacións do Plan xeral de ordenación municipal.

Con data do 2 de xaneiro de 2013 foi publicado no Diario Oficial de Galicia o anuncio da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal, por acordo do pleno extraordinario do 21 de decembro de 2012, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, que se someterá a información pública polo prazo de dous meses.

Con data do 29 de xaneiro de 2013 o Pleno da Corporación acorda, na sesión ordinaria iniciada o 28 de xaneiro de 2013, a ampliación dun mes no prazo para a presentación de alegacións, de acordo co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, que se poderán presentar ata o 2 de abril de 2013.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde