Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública dunha estación base en Pesqueiras-Santo Estevo.

Telefónica Móviles España, S.A. solicitou licenza municipal para implantación de estación base en Pesqueiras, Santo Estevo, polígono 89, parcela 562.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública por un prazo de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles lindantes aos cales non se puidese practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 26 de decembro de 2012

Joaquín González González
Alcalde