Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva con condicións do estudo de detalle do POL-22 A Xesteira (expediente FG número 581).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de decembro de 2012, acordou aprobar definitivamente con condicións o estudo de detalle do POL-22 A Xesteira en Perillo, facendo constar que con data do 8 de xaneiro de 2013, se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formularen a solicitude e pola instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da dita lei.

Oleiros, 9 de xaneiro de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente