Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación de dotación escolar no Milladoiro.

Por acordo plenario do 27 de decembro de 2012 prestouse aprobación definitiva ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación de dotación escolar no Milladoiro, o que se publica para os efectos previstos no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Acordo plenario de aprobación definitiva.

«Punto quinto. Aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación de dotación escolar no Milladoiro.

(...)

Rematadas as intervencións, o Pleno da corporación, por unanimidade dos seus membros presentes, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) formulado polo Concello de Ames para o establecemento e ordenación dun equipamento público destinado a uso dotacional público escolar e os espazos libres públicos e aparcadoiros a este vinculados, así como a determinación do trazado e as características das correspondentes redes de servizos.

O documento para a aprobación definitiva ten data de xuño de 2012 e correspóndese co aprobado provisionalmente por acordo de Xunta de Goberno local do 5 de xullo de 2012.

Segundo. Notificar aos interesados no procedemento o presente acordo de aprobación definitiva.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva no prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA). Publicar tamén o acordo de aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia para os efectos previstos no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, xunto cunha copia autenticada con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados pola secretaría da corporación, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, para os efectos previstos no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Quinto. Facultar o alcalde Santiago V. Amor Barreiro para cantas actuacións de trámites sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra o presente acordo, conforme o previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que o Plan especial aprobado definitivamente é unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 8 de xaneiro de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde