Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2012/82-2, 8050 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Construcciones Vilamiño, S.A.

Domicilio social: estrada da Coruña, 132, 27080 Lugo.

Denominación: CT para alimentación de edificio de 97 vivendas.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

CT en edificio non prefabricado situado na r/ Alonso Pérez cunha potencia proxectada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo