Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2012/282-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Mercash Sar, S.L.

Domcilio social: rúa Troncal, nº 22. 36207 Vigo.

Denominación: LMTS de acometida ao CT existente de Mercash Sar, S.L.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 224 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento de Unión Fenosa Distribución e final no centro de transformación existente de Mercash Sar, situado no camiño Troncal nº 22, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra