Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3010

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Presidencia do Consello Reitor, pola que dá publicidade ao Acordo do 30 de xaneiro de 2013 do citado Consello Reitor, polo que se delegan funcións na persoa titular da dirección.

O 30 de xaneiro de 2013, o Consello Reitor da Axencia Tributaria de Galicia acordou, en aplicación do disposto no artigo 15.7 do Estatuto da Axencia Tributaria de Galicia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, delegar na persoa titular da Dirección da Axencia determinadas funcións conferidas ao Consello Reitor polo citado estatuto.

De conformidade co disposto no punto terceiro do acordo, resolvo publicalo no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Presidenta do Consello Reitor da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO
Acordo polo que se delegan na persoa titular da Dirección da Axencia
Tributaria de Galicia determinadas funcións conferidas ao Consello Reitor
no estatuto da Axencia

Primeiro. Acórdase delegar na persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia as funcións conferidas ao Consello Reitor no artigo 15.6, letras g), h) e i) do estatuto da Axencia, aprobado polo Decreto 202/2012, do 18 de outubro, de conformidade co disposto no seu artigo 15.7.

Segundo. As resolucións e actos administrativos que se adopten en uso da delegación contida neste acordo indicarán expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas polo órgano delegante.

Terceiro. Este acordo será publicado no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento.