Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3011

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Asinado

Achega total do Ingacal

Ingacal, Leyma Central Lechera, S.A.

Proxecto Feader 2012/02: tecnoloxías para a obtención dun novo leite de vaca enriquecido de forma natural en antioxidantes en granxas galegas.

17.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (LIGAL)

Proxecto Feader 2012/20: novas aplicacións da tecnoloxía FT-MIR para estimar a composición en ácidos graxos de mostras de leite de vacas.

17.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Progando, S.L.

Proxecto Feader 2012/23: optimización ambiental e produtiva da fertilización nitroxenada mineral e orgánica en cultivos forraxeiros mediante a utilización de inhibidores da nitrificación.

17.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Hijos de Rivera Inversiones Corporativas, S.L.

Proxecto Feader 2012/34: estudo de caracterización agronómica e físico-química do lúpulo galego silvestre e ecolóxico.

17.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca)

Proxecto Feader 2012/24: ecolacto. Implantación de melloras no proceso produtivo de explotacións gandeiras e empresas do sector lácteo que reduzan o seu impacto ambiental e garantan a seguranza alimentaria dos seus produtos.

1.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Progando, S.L.

Proxecto Feader 2012/24: avaliación de cultivos para a produción de forraxes en explotacións de leite para mitigar os efectos do cambio climático.

3.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Wamestrada, S.L.L.

Proxecto Feader 2012/27: desenvolvemento de sementes ecolóxicas de millo forraxeiro híbrido galego para a súa produción, comercialización e uso en explotacións ecolóxicas galegas.

4.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Pro Agro Servicios, S.C.

Proxecto Feader 201230: innovación tecnolóxica nas cisternas de xurro para a realización simultánea da fertilización orgánica e do encalado.

3.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña, S.C.G.

Proxecto Feader 2012/31: elaboración de táboas e de programa «online» de recomendación de fertilización nitroxenada nas rotacións forraxeiras das explotacións leiteiras galegas en función do fornecemento de nitróxeno polo solo.

3.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Indesa Galicia, S.L.

Proxecto Feader 2012/32: avaliación de novos métodos de conservación do bagazo de cervexa para a súa aplicación na alimentación de ruminantes.

3.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Sociedade Agraria de Transformación Godeval

Proxecto Feader 2012/51: estudo de diferentes tempos de criomaceración para a mellora da elaboración de viño godello.

3.10.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U.

Realización de servizos técnicos do Ingacal á empresa Bodegas Rectoral de Amandi, S.A.U.

26.7.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Concello de Ponteareas

Deseño e seguimento de parcelas de ensaio e demostración no marco do proxecto europeo «Promoción do uso sustentable de biomasa forestal para fins enerxéticos no norte de Portugal e sur de Galicia (Silvaplus)».

2.7.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Universidade da Coruña

Desenvolvemento do proxecto de referencia RTA2011-00118-C02-02 «Desenvolvemento e aplicación de técnicas analíticas e moleculares para o estudo de compostos nutracéuticos en pemento e cebola».

30.8.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Alimentación Siglo XXII, S.L.

Colaboración para o proxecto de investigación desenvolvemento tecnolóxico «Inoculante AC Supersil».

4.7.2012

Sen obriga económica

Ingacal, Universitas Politécnica de Valencia

Establecer a participación de ambas as entidades en materia de educación e emprego a través dun programa de cooperación educativa.

10.8.2012

Sen obriga económica