Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2904

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3676/2009 VV).

Nas actuacións de recurso de suplicación a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 757/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones y Promociones Ayude y Manolo, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 21.12.2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo de data 5 de xuño de 2009, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Promociones Ayude y Manolo, S.L., con último domicilio coñecido en Valga-Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de decembro de 2012