Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2903

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Universidade da Coruña, por la que se anula a Resolución do 1 de decembro de 2011, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior en relacións internacionais vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade.

Con base no informe da Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación, con data do 21 de novembro de 2012, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

Resolve:

Primeiro. Anular a Resolución do 1 de decembro de 2011, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior en relacións internacionais vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade.

Segundo. Devolver as taxas ingresadas polos solicitantes.

Terceiro. Que se publique unha nova convocatoria de acordo co informe antes citado.

Contra esta resolución e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer, potestativamente, un recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña