Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/431-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/431-1.

Acta inf. nº: I152012000110808.

Empresa: Don Vaquero Sport Wear, S.L.

NIF: B15443120.

Enderezo: polígono do Tambre, vía Copérnico, 9, 15890 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (impagamento reiterado de salarios).

Normativa infrinxida: artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39 e 40 do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data resolución: 12.12.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Don Vaquero Sport Wear, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 euros).

A Coruña, 9 de xaneiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña