Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación do servizo de formación para persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia, cofinanciado co proxecto europeo 0552 Envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007-2013.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 23/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión e realización dun programa de formación dirixido ás persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia, para o cal cómpre executar as 53 accións formativas agrupadas nos 7 lotes obxecto de licitación.

b) Lugares de execución: catro lotes nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e tres no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: dous meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación previsto para a xestión do contrato: estímase en cincuenta e seis mil seiscentos noventa e sete euros con cincuenta e sete céntimos (56.697,57 €), aos cales se engaden once mil novecentos seis euros con cincuenta e oito céntimos (11.906,58 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de sesenta e oito mil seiscentos catro euros con cincuenta e cinco céntimos (68.604,55 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 56 69.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase cláusula 5, Capacidade para contratar, número 5.1.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do complexo administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18400

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
(Disposición adicional 9ª do Decreto 235/2012, do 5 de decembro;
Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar