Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/155/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, no día 20 de decembro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Manuel Antonio Martínez Martínez polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes en parcelación urbanística, construción de vivenda unifamiliar e garaxe, no lugar de Portiña, Mar de Fóra, no termo municipal de Fisterra, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística