Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/125/2012, devolto polo servizo de Correos por resultar os destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral, con data do 11 de decembro de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade núm. SIL/125/2012 a Mª Rosa Búa González, na súa condición de propietaria e promotora, e a Roberto García Castro, como construtor, pola execución de obras de construción dunha edificación de uso residencial sen a preceptiva autorización autonómica, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na praia de Ariño, termo municipal de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados do dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística