Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 15 de xaneiro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación de expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación da Cruz e 39 máis, a favor dos veciños da parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 10 de decembro de 2012, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Nogueira de Ramuín.

Denominación do monte: A Cruz e 39 máis.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal).

Superficie total: 173,22 ha.

A superficie para clasificar, segundo o informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nas seguintes parcelas:

1. O Viso, que comprende as parcelas 568, 580, 586, 618, 679 e 1112 do polígono 1, e 594, 837 e 839 do polígono 5.

2. As Tapadas, que comprende as parcelas 344, 345, 346, 354, 357 e 358 do polígono 30, e 60, 66 e 94 do polígono 31.

3. A Cruz, que comprende as parcelas 73, 77 e 78 do polígono 30.

4. Agra do Medio 1, que comprende a parcela 179 do polígono 5.

5. Agra do Medio 2, que comprende a parcela 183 do polígono 5.

6. As Barxas, que comprende a parcela 160 do polígono 31.

7. As Barxas 2, que comprende a parcela 167 do polígono 31

8. As Lameiras, que comprende a parcela 1064 do polígono 29.

9. As Lameiras 2, que comprende a parcela 1070 do polígono 29.

10. Carballeira, que comprende a parcela 856 do polígono 29.

11. Os Rabechos, que comprende as parcelas 775, 781 e 896 do polígono 29.

12. Baldomar, que comprende a parcela 227 do polígono 36.

13. Cabanas, que comprende a parcela 156 do polígono 34.

14. Casarello, que comprende as parcelas 295, 399, 300, 312, 991, 992, 993, 994, 995, 996 e 997 do polígono 7.

15. Celeirós, que comprende as parcelas 699, 702, 912 e 913 do polígono 7.

16. Cortiñas, que comprende a parcela 971 do polígono 29.

17. Costa, que comprende a parcela 1156, 1407 e 1409 do polígono 29.

18. Cotarón, que comprende a parcela 53 do polígono 5.

19. Figueiredo, que comprende a parcela 641 do polígono 1.

20. Figueiredo 2, que comprende a parcela 39 do polígono 2.

21. Fiscal, que comprende a parcela 492 do polígono 2.

22. Fonte Gándara, que comprende a parcela 1517 do polígono 29.

23. Lameiriños, que comprende a parcela 2260 do polígono 29.

24. Mormeiral, que comprende a parcela 7 do polígono 29.

25. Mormeiral 2, que comprende a parcela 10 do polígono 29.

26. Mormeiral 3, que comprende a parcela 151 do polígono 29.

27. O Valiño, que comprende as parcelas 172 e 174 do polígono 30.

28. Os Muíños, que comprende as parcelas 411, 412, 413 e camiños do polígono 1.

29. Pedra Ancha, que comprende a parcela 29 do polígono 7.

30. Pena Redonda, que comprende a parcela 341 do polígono 30.

31. Picota, que comprende a parcela 1494 do polígono 29.

32. Portocabaleiros, que comprende a parcela 2114 do polígono 29.

33. Río Cabe, que comprende a parcela 984 do polígono 7.

34. Río Cabe 2, que comprende as parcelas 508 e 509 do polígono 29.

35. Solveira, que comprende a parcela 375 do polígono 5.

36. Soutelo, que comprende a parcela 624 do polígono 5.

37. Taradela, que comprende a parcela 58 do polígono 34.

38. Taraxela, que comprende a parcela 131 do polígono 5.

39. Vilares, que comprende as parcelas 1140 e 1148 do polígono 29.

As estremas correspondentes ás parcelas para clasificar enumeradas recóllense no expediente que se atopa no Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial de Medio Rural de Ourense ao dispor dos interesados.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de xaneiro de 2013

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense