Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que neste procedemento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e son como segue:
«Sentenza: 860/2012.
A Coruña, 14 de decembro de 2012.
Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1173/2012, en que foi demandante Roberto Carlos López Álvarez, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandadas as empresas Sequor Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia, S.A.
Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Roberto Carlos López Álvarez contra as empresas Sequor Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia, S.A., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno as empresas demandadas a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión de Roberto Carlos López Álvarez nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 3.544,56 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 39,82 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Roberto Carlos López Álvarez da cantidade de 358,38 euros en concepto de indemnización.
Notifíquese esta sentenza ás partes.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.
Así o pronuncio, mando e asino».
E para que conste, co fin de que lles sirva de notificación aos representantes legais das empresas Esabe Vigilancia, S.A. e Sequor Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 8 de xaneiro de 2013
A secretaria xudicial