De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5º andar.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000401-1.
Denunciado: José Ramón Varela Busto.
DNI: 46902592-A.
Enderezo: avda. das Mariñas, 393-7º B, Perillo-Oleiros.
Precepto infrinxido: 137.2.
Sanción: 151 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000878-1.
Denunciado: Osney Lourenzo Da Silva.
DNI: CZ124818.
Enderezo: estrada de Castela, 58-4º 2, Ferrol.
Precepto infrinxido: 137.2.
Sanción: 151 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000885-1.
Denunciada: Matilde Gómez Muíños.
DNI: 32802557-A.
Enderezo: Grupo Santa Cristina, 5-2º, Palavea (A Coruña).
Precepto infrinxido: 137.6.
Sanción: 382,03 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000286-1.
Denunciado: Carlos Vázquez Otero.
DNI: 53301660-B.
Enderezo: Mozar, 6-2º B, A Coruña.
Precepto infrinxido: 137.2, 137.5, 137.11.
Sanción: 453 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000333-1.
Denunciado: Daniel Sobradelo Moledo.
DNI: 53487439-L.
Enderezo: Pumar do Río, 24, Boiro.
Precepto infrinxido: 137.2, 137.11.
Sanción: 2.039,58 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000384-1.
Denunciado: José Francisco Bello Cartelle.
DNI: 32655516-R.
Enderezo: As Penas, s/n, Chanteiro-Ares.
Precepto infrinxido: 137.2.
Sanción: 151 euros.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000914-1.
Denunciado: José Benito Fernández Fernández.
DNI: 52933724-Y.
Enderezo: A Marquesa, nº 23, Asados-Rianxo.
Precepto infrinxido: 137.6.
Sanción: 151 euros.
De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.
Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.
A Coruña, 11 de xaneiro de 2013
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña