Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Barcia de Mera (O Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (O Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesado: Domingo González Barreiro.

Último enderezo coñecido: Oleiros, nº 2, Barcia de Mera; 36972 O Covelo (Pontevedra).

Acto notificado:

RESOLVO:

Estimar o recurso de alzada interposto por Francisco Carreiro Muñoz, propietario número 162, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Barcia de Mera (O Covelo-Pontevedra) e, en consecuencia, tal e como se reflicte nos planos que se achegan:

• Modificar a configuración xeométrica do predio número 37 do polígono 1 (do propietario número 162, Francisco Carreiro Muñoz) que pasa a ter unha superficie de 5.202 m2 e 206.120 puntos de valor.

• Dividir en dous o predio número 621 do polígono 10 (do propietario número 162, Francisco Carreiro Muñoz) de xeito que pasan a ser:

– O predio número 621-1 para o propietario número 162 (Francisco Carreiro Muñoz) cunha superficie de 720 m2 e 50.400 puntos de valor.

– O predio número 621-2 para o propietario número 920 (descoñecidos), cunha superficie de 130 m2 (LR4) e 9.100 puntos de valor.

• Modificar a configuración xeométrica do predio número 38 do polígono 1 (do propietario número 471, Domingo González Barreiro), que pasa a ter unha superficie de 2.000 m2 e 63.925 puntos de valor.

• En compensación, incrementar a superficie do predio número 178 do polígono 3 (do propietario número 471, Domingo González Barreiro), que pasa a ter unha superficie de 6.992 m2 e 438.670 puntos de valor.

• Modificar a configuración xeométrica do predio número 176 do polígono 3 (do propietario número 920, descoñecidos), que pasa a ter unha superficie de 958 m2 (M4) e 33.530 puntos de valor.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 43 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, e artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados podan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Notifíqueselles aos interesados conforme o establecido pola lexislación vixente.