Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lles notifican ás interesadas as resolucións de aceptación de renuncia ditadas nos expedientes números 32/50052/09A e 32/50063/07A, de axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións de aceptación de renuncia ditadas nos expedientes números 32/50052/09A e 32/50063/07A.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a dita resolución, que é firme en vía administrativa, poderán as interesadas interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, de conformidade co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o establecido nos artigos 10.1.a) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios, expediente número 32/50052/09A.

– Interesada: Fernández Domínguez, María Concepción.

– Acto de notificación: resolución de aceptación de renuncia á axuda.

– Último enderezo coñecido: estrada de Mourillos, 52, 2º A, 32800 Celanova, Ourense.

2. Procedemento: axuda para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e incorporación de novos activos agrarios, expediente número 32/50063/07A.

– Interesada: Outumuro Conde, Concepción.

– Acto de notificación: resolución de aceptación de renuncia á axuda.

– Último enderezo coñecido: lugar Lamela, s/n, Albarellos, 32520 Boborás, Ourense.