Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Papelería y Empresas Afines (AGEP).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Papelería y Empresas Afines (AGEP), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas maioristas ou retallistas e empresas afíns con traballadores por conta allea que, ademais, conten maioritariamente con capital galego, teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro opetarivo na Comunidade Autónoma de Galicia e se adscriban a ela, de conformidade co procedemento de admisión que se establece no artigo 7.

Asinan a acta de constitución: Juan Eliseo Gil Fernández en representación da entidade Carlingal, Julio Conde Domínguez en representación da entidade Redinor, e Ildefonso de Andrés Castro, en representación de Idea Papelería.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social