Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación do servizo de teleformación de persoas maiores para a preparación á xubilación, cofinanciado con fondos Feder ao abeiro do proxecto europeo Envellecemento + Activo (código 0552_envejecimiento_activo_1_e), no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007-2013.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 22/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da formación semipresencial de preparación á xubilación para as persoas con cincuenta e cinco ou máis anos, para o cal cómpre executar as 11 accións formativas agrupadas nos 6 lotes obxecto de licitación.

b) Lugares de execución: as cidades da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.

c) Prazo de execución: dous meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. O orzamento máximo de licitación previsto para a xestión do contrato estímase en noventa e catro mil cento corenta e sete euros con sesenta e oito céntimos (94.147,68 euros) aos cales se lles engaden dezanove mil setecentos setenta e un euros con tres céntimos (19.771,03 euros) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de cento trece mil novecentos dezaoito euros con setenta e un céntimos (113.918,71 euros).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50 – 981 54 56 69.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5, Capacidade para contratar, punto 5.1.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 euros por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18364

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
(Disposición adicional 9ª do Decreto 235/2012, do 5 de decembro;
Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar