Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2) Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3) Teléfono: 982 29 41 01.

4) Fax: 982 29 49 74.

5) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es

6) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expediente: 7/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza na Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: paseo do Malecón, s/n, 27400 Monforte de Lemos.

e) Prazo de execución: 2 anos desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: véxase prego.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: cento setenta mil euros (170.000,00 €).

IVE (21 %): trinta e cinco mil setecentos euros (35.700,00 €).

Importe total: douscentos cinco mil setecentos euros (205.700,00 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxase prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 2 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo