Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012099AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 30 de novembro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador nº 2012099AL-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola, o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo nº 9, Lugo e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 26 de decembro de 2012

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2012099AL-LU.

Denunciado: Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

NIE: X4644226C.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, nº 12, 27780 Foz (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

• Artigo 2.1.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

• Artigos 5.1 e 5.4 do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

• Artigo 10 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

• Artigo 41.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: cincocentos euros (500,00 €).