Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2012/076).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA)

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62. 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: CTI Quión.

Situación: Touro.

Características técnicas:

Liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 40,4 metros, en condutor tipo LA-30/31,14 mm2, con orixe no apoio existente tipo HV 15/630 (coordenadas UTM, X: 558.240; Y:4.749.783) entroncamento LMT Millares-Quión (expediente IN407A 2002/247) e final en apoio existente tipo HVH 15/1600 correspondente ao inicio da RBT do CT Quión (expediente IN407A 2010/208) onde se instalará un novo centro de transformación (coordenadas UTM, X: 558.278; Y:4.749.769), que substituirá o de caseta existente.

Centro de transformación (CT) intemperie, de potencia 100 kVA e relación de transformación de 20/0,4 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña