Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2163

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura

Sexto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde con data do 20 de decembro de 2012

58.719,67 (bianual)

1.7.2012

Convenio de colaboración en materia de violencia no ámbito sanitario entre a Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia e o Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

11.9.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a prestación de asistencia sanitaria aos menores do Instituto Argentino Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires en visita de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia en setembro de 2012

Sen achega económica

3.9.2012

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) para o ano 2012 (asinado o 10 de xaneiro de 2012)

Sen achega económica

19.9.2012

Sexto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde con data do 20 de decembro de 2001

1.151.546,98 (bianual)

1.7.2012

Sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

4.677.908,08 (bianual)

1.7.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Nacional de Estatística, sobre a comprobación da residencia que figura na base padronal para os titulares da tarxeta sanitaria en Galicia

Sen achega económica

3.9.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación do CHUAC para a execución de actividades de avaliación de tecnoloxías dentro dos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050

406.812,00 (bianual)

19.10.2012

6ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

31.781,66

19.10.2012

7ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

71.481,80

19.10.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a USC e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais para o desenvolvemento dun programa de cooperación educativa para a realización do prácticum das titulacións da Escola Universitaria de Traballo Social

Sen achega económica

28.9.2012

Protocolo xeral entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Delegación do Goberno en Galicia en materia de traslados e ingresos non voluntarios e urxentes de persoas con enfermidade ou trastorno mental

Sen achega económica

17.9.2012

Convenio –addenda V ao Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

19.10.2012

Convenio –addenda VIII ao Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

23.10.2012

Convenio específico para o ano 2012 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

Sen achega económica

22.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación para a Investigación Biomédica do Hospital Clínico San Carlos

Sen achega económica

2.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería de Sanidade para o intercambio de información sobre os riscos de exposición laboral ao amianto

Sen achega económica

3.10.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares e Doentes Mentais MOREA (A.F.E.M. MOREA) para a realización de actividades de voluntariado nas unidades de rehabilitación psiquiátrica do Hospital Piñor (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense)

Sen achega económica

5.11.2012

1ª addenda ao convenio do 17 de abril de 2012, subscrito entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

Sen achega económica

8.11.2012

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería e Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2012 (asinado o 10 de xaneiro de 2012)

Sen achega económica

12.11.2012

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Barcelona para a realización das prácticas externas do Master en patoloxía mamaria-senoloxía

Sen achega económica

6.11.2012

Addenda IX ao acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

28.12.2012

Acordo prórroga e actualización para o ano 2012 do convenio de colaboración asinado el 21.11.2002, entre o Servizo Galego de Saúde, a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades

Sen achega económica

12.12.2012