Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2166

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no terceiro cuadrimestre do ano 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013

Ramón Villares Paz
Presidente

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración entre El Liceo de Ourense e o Consello da Cultura Galega para promover a gravación sonora de actos realizados conxuntamente.

Sen dotación económica

25.9.2012

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre RTVE e o Consello da Cultura Galega con data do 9 de novembro de 2010.

Sen dotación económica

7.11.2012

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Facultade de Filosofía, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo para a realización de actividades de intercambio cultural.

Sen dotación económica

23.11.2012

Convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

Sen dotación económica

30.11.2012