Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (219/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 219/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Mosquera García contra a empresa Viproga, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Rosa Mosquera García, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, contra a empresa Viproga, S.A., en rebeldía procesual, e contra o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 988,37 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle corresponda respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que, en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese ao destinatario Virpoga, S.A. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial