Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2036

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2012 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Descrición

Data
de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello do Carballiño para realizar as obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo da Veracruz

25.9.2012

433.126,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cualedro para a realización de melloras na praza da Xuntanza na Pedrosa

6.10.2012

134.267,30

Acordo entre o Concello de Negreira e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se formaliza a incorporación do Concello na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela

17.10.2012

0,00

Acordo entre o Concello de Rois e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se formaliza a incorporación do Concello na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela

17.10.2012

0,00

Addenda nº 2 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo

17.10.2012

1.150.267,27

Acordo entre o Concello da Laracha e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se formaliza a incorporación do Concello na Área de Transporte Metropolitano da Coruña

18.10.2012

0,00

Acordo entre o Concello de Oza dos Ríos e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se formaliza a incorporación do Concello na Área de Transporte Metropolitano da Coruña

18.10.2012

0,00

Acordo entre o Concello de Cerceda e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia polo que se formaliza a incorporación do Concello na Área de Transporte Metropolitano da Coruña

22.10.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o Sistema Integrado de Xestión de Pneumáticos Usados (Sixnus), para o seguimento da xestión de pneumáticos usados en Galicia

15.11.2012

0,00

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas

29.11.2012

0,00

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello do Carballiño para realizar as obras de urbanización e pavimentación do contorno do templo da Veracruz

14.12.2012

433.126,00

Addenda nº 3 ao convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Baiona para a execución de obras en materia de urbanismo

26.12.2012

1.170.267,27