Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2034

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se lles dá publicidade aos convenios e acordos de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios e acordos de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade no terceiro cuadrimestre de 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Título

Obxecto

Data da sinatura

Importe achegado pola SX da Igualdade

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e o Concello de Vigo para a asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletradución

Ofrecerlles ás mulleres inmigrantes atención na súa propia lingua: 51 idiomas

23.8.2012

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletradución

Ofrecerlles ás mulleres inmigrantes atención na súa propia lingua: 51 idiomas

6.9.2012

Sen contido económico

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e tráfico de persoas

Mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e tráfico de persoas

12.9.2012

15.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e tráfico de persoas

Mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e tráfico de persoas

12.9.2012

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletradución

Ofrecerlles ás mulleres inmigrantes atención na súa propia lingua: 51 idiomas

13.9.2012

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Asociación de Centros Homologados para o desenvolvemento dun programa de información e sensibilización no ámbito sociolaboral dirixido a mulleres inmigrantes, preferentemente ás que son vítimas de violencia de xénero, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

Financiamento dun programa de información e sensibilización dirixido a mulleres inmigrantes, preferentemente vítimas de violencia de xénero

4.10.2012

30.000 €

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia, Secretaría Xeral da Igualdade, para a prestación do servizo telefónico de información e asesoramento a mulleres vítimas de violencia de xénero

Prestación do servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico ás mulleres vítimas de violencia de xénero

9.11.2012

Sen contido económico

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Confederación de Empresarios/as de Galicia para a distribución de material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia de xénero

Garantir unha adecuada distribución e difusión do material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia de xénero que elabora a Secretaría Xeral da Igualdade

10.10.2012

Sen contido económico